martes, 20 abril 2010

Vigo avanza no proxecto da implantación do vehículo eléctrico

O alcalde acudiu hoxe a sede do Ministerio de Industria en Madrid para reunirse co Secretario de Estado de Enerxía para poñer os cimentos da implantación do proxecto no que Vigo será a cidade piloto do coche eléctrico. Abel Caballero é o primeiro alcalde que recibe o Secretario de Estado para abordar este tema.

O concelleiro de Persoal resaltou a "ausencia de conflictividade" laboral no Concello e os acordos cos sindicatos

martes, 20 abr 2010

Carlos López Font amosou hoxe martes a súa "satisfacción" polo xeito en que levouse a efecto a negociación cos sindicatos do Concello na elaboración do orzamento municipal para 2010, de 257 millóns de euros. O edil subliñou o cumprimento dos compromisos adquiridos polo alcalde cos propios sindicatos, aos que agradeceu a súa "comprensión", pese ao seu "alto custe económico".

O tenente de alcalde renova o convenio con Protección Civil para garantir a seguridade nos actos que se celebren no Ifevi<br />

martes, 20 abr 2010

O tenente de alcalde e presidente executivo do Ifevi, Santi Domínguez, asinou este martes unha nova edición do convenio con Protección Civil, representada pola súa secretaria e responsable dos servizos de terra, Mercedes Ballesteros, e o xerente do recinto feiral Arsenio Prieto . Segundo Santi Domínguez, mediante esta sinatura Protección Civil comprométese a cubrir todos os risgos que se poidan producir nas montaxes que teñan lugar non Instituto Feiral de Vigo, así como as incidencias persoais que se poidan producir nos distintos eventos.

O alcalde subliña que as humanizacións de Regueiro e Tarragona completan a mellora de todo o entorno de POVISA

martes, 20 abr 2010

Abel Caballero visitou este martes os traballos de humanización das rúas Regueiro e Tarragona, no entorno de POVISA, que suman un investimento municipal de 1,3 millóns de euros e darán cabida a medio centenar de árbores, novos puntos de luz, bancos e a renovación das redes de servizo soterradas. A reforma das dúas rúas -que estará rematada en tres ou catro meses- completa a humanización de "todo o que queda entre Regueiro e a Praza de España", indicou o alcalde.