Presentacion do libro "1325 mujeres tejiendo la paz"
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente da Concellería de Igualdade, acollerá a presentación do libro "1325 mujeres tejiendo la paz" o vindeiro xoves 22 de abril ás 20,00 h. Este libro, da Fundación Cultura de Paz (CEIPAZ), está dirixido por Manuela Mesa Peinado.
![12718513011325.jpg 12718513011325.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/12718513011325.jpg)
No acto contarase coa presenza de Iolanda Veloso Ríos, concelleira de Igualdade, Laura Alonso Cano, autora e coordinadora do proxecto en CEIPAZ e con Elvira Landín Aguirre, integrante do Seminario Galego de Educación para a paz.
Texto traducido, extraído da portada do libro:
"O libro pretende difundir a Resolución 1325 sobre o papel das mulleres na construción da paz que foi aprobada no ano 2000 polo Consello de Seguridade de Nacions Unidas. E faino a partir de historias de vida de mulleres que traballaron e traballan pola paz. Mulleres relevantes que buscaron respostas creativas aos problemas de violencia no mundo, que innovaron nas súas formas de traballar, que contribuíron a configurar novas visións. A súa brillantez e sabiduría e a súa fortaleza e rebeldía ante a inxustiza despertan a admiración e dannos esperanzas no futuro. É un alegato pola vida, pola utopía, por crear un mundo máis pacífico que mobilice e impulse á acción".
Dada a importancia que para a Concellería de Igualdade ten dar a coñecer a resolución 1325, así como os contidos do libro, durante a semana do 19 ao 23 de abril, esta concellería doará un exemplar do libro "1325 mujeres tejiendo la paz" aos centros públicos de ensino secundario así como a todas as bibliotecas da cidade. Este acto organízase con motivo da celebración do día do libro o 23 de abril.
Lugar:
Centro de Documentación e Recursos Feministas:
Biblioteca Pública Central
R/ Joaquín Yáñez, 6-2º andar (Casco Vello)
Data e hora:
xoves 22 de abril, ás 20,00 h.
Descargar todas as imaxes