Escoitar
ANUNCIO DE IGUALDADE

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Supervivencia para a mocidade".

Obradoiro dirixido a rapaces e rapazas que tratará de incentivar a corresponsabilidade doméstica, propiciando a superación de roles de xénero no fogar común.O obradoiro pretende fomentar a solidariedade, impulsar unha cooperación máis equilibrada no ámbito doméstico e familiar e adquirir pautas para asumir as tarefas do fogar.

venres, 27 nov 2009
Destinatarios/as:
Mozos e mozas de 14 anos a 18 anos.

Metodoloxía:
A través dunha ensinanza teórico-práctica, empregarase unha metodoloxía participativa e dinámica, tentando que os rapaces e rapazas adquiran os coñecementos básicos e imprescindibles de hixiene e alimentación. Tentarase que distribúan o tempo preciso para realizar as tarefas do fogar mediante a elaboración dunha planificación do traballo. Realizarán unha autoavaliación do seu grao de corresponsabilidade. Aprenderán técnicas de pasar o ferro, de cociña e de limpeza.

Contidos:
As tarefas do fogar: como distribuír o tempo.
A distribución equilibrada de tarefas.
Cuestionario de autoavaliación sobre corresponsabilidade.
O mantemento da casa:¡Imos pasar o ferro!, Imos cociñar!, Imos limpar!

Duración:
O obradoiro ten 6 horas de duración, distribuídas en dúas sesións de tres horas de duración cada unha: o martes 15 e o mércores 16 de decembro de 17 a 20 horas amba as dúas.

Lugar: Mercado do Progreso, rúa Progreso s/n. Vigo

Inscricións: As inscricións realizaranse presencialmente na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello ou a través do teléfono 986 810284 en horario de 8 a 15 horas. ata completar o número de prazas. O prazo comeza o venres 27 de novembro e remata o 11 de decembro. Prazas limitadas

www.igualdadevigo.org