O tenente de alcalde anuncia que a Axencia da Enerxía de Vigo estuda crear dúas novas instalacións fotovoltaicas
O tenente de alcalde e presidente do Padroado da Axencia Municipal da Enerxía (Faemevi), Santi Domínguez, anunciou hoxe que a entidade está analizando a viabilidade técnica e económica para crear dúas instalacións fotovoltaicas, que estarían conectadas á rede e acollidas ao réxime especial de xeración de enerxía eléctrica. Este sería un segundo paso na aposta de Faemevi por proxectos de xeración de enerxías alternativas, tras a estación que xa está aprobada para instalar no futuro parque de Navia.
Santi Domínguez explicou que a idea sería que unha destas novas instalacións se emprazase no campus da Universidade de Vigo e tería un perfil de promoción da investigación tecnolóxica. En canto á segunda estaría emprazada nun espazo público municipal aínda por decidir. "Agora abrimos un prazo de estudo destas propostas e agardamos poder concretar en breve a súa execución. O noso obxectivo é seguir apostando polas enerxías renovables e imos seguir dando pasos na súa potenciación", afirmou tras a reunión do Padroado.
Na xuntanza tamén se decidiu unha iniciativa para divulgar o traballo que está a desenvolver a Axencia Municipal da Enerxía. Recentemente se cumpriron cinco anos da súa posta en marcha e, segundo adiantou o tenente de alcalde, vaise elaborar unha publicación na que se recollan as actividades realizadas neste tempo, así como as liñas estratéxicas da Fundación e os resultados que está a dar o seu labor. Santi Domínguez sinalou que é "moi importante que a cidadanía coñeza o traballo que se está facendo desde Faemevi como elemento para que cada un de nós nos impliquemos nas nosas actividades diarias nas prácticas que conleven aforro de enerxía".
Descargar todas as imaxes