O alcalde avanza que a humanización de Torrecedeira estará finalizada en novembro "coa máxima calidade"
Abel Caballero visitou este mércores os traballos de mellora da rúa, cun 40% xa executado, e adiantou que en outubro estará rematado o treito entre a Praza da Industria e Severo Ochoa e ao mes seguinte, o restante. A obra, "unha das máis emblemáticas da cidade", custa 3,5 millóns de euros e manterá o doble sentido e o aparcamento.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que en novembro estará rematada "unha das humanizacións máis emblemáticas da cidade", a rúa Torrecedeira.
Nunha visita á obra, o rexedor manifestou que xa en outubro estará finalizado o treito entre a Praza da Industria e Severo Ochoa, e o restante tardará un mes máis debido aos restos arqueolóxicos que retrasaron o inicio dos traballos. Na actualidade, o estado de execución acada o 40%.
A humanización ampliará as beirarrúas e renovará as redes de saneamento e abastecemento, pero ademais -segundo informou Abel Caballero- manterá o arborado actual, o doble sentido de circulación e o aparcamento, por ser un "vial estratéxico" en Vigo.
O alcalde afirmou que o Concello está a realizar a "humanización integral de zonas enteiras da cidade", desde Castelao, Coruña, Torrecedeira, o Paseo de Alfonso, Elduayen e Policarpo Sanz, Alfonso XIII ata a estación de Urzáiz e o paseo verde proxectado nas actuais vias do tren.
As melloras repercutirán na calidade de vida dunhas 25.000 familias, estimou o alcalde, quen adiantou que en 2010, con novo Plan E do Estado, melloraranse outras 100 rúas; ás que sumarase ás 70 máis proxectadas polo goberno local nas parroquias viguesas e as "30 ou 40" dos orzamentos municipais do vindeiro ano. "É o noso compromiso coa cidade", concluiu Abel Caballero.
Descenso do paro
O alcalde asegurou que a obra pública atende a criterios de estética e mellora da calidade de vida cidadá pero tamén procura crear emprego nun momento económico como o actual, pois o investimento público en Vigo está a empregar a "unhas 5.000 familias", indicou.
A este respecto, Abel Caballero valorou positivamente que Vigo ocupara o pasado mes de xullo o "liderado na creación de emprego de España", co que leva 4 meses consecutivos de descenso de desempregados.
Descargar todas as imaxes