Escoitar

O equipo de Policías e Bombeiros consigue o seu primeiro ouro nos Mundiais de Canadá

Os representantes nos Mundiais de Policías e Bombeiros que se están a celebrar en Vancouver (Canadá) acadaron na xornada de onte martes a súa primeira medalla de ouro na modalidade de 2.000 metros remo. Nos catro días de competición, o equipo colleitou un total de sete metais -un ouro, catro pratas e dous bronces- en tres disciplinas distintas.

mércores, 5 ago 2009
1249462290medalla.JPG
O equipo de Policías e Bombeiros participante nos Xogos Mundiais de Vancouver, en Canadá, acadaron na xornada de onte martes a súa primeira medalla de ouro, na disciplina de 2.000 metros remo a cargo de José Costas "Pipo".

Tras catro días de competición, os representantes levan colleitados sete metais, un magnífico palmarés que agardan ampliar nas xornadas restantes. Despois de catro medallas de prata e dúas de bronce, o ouro de remo culmina o gran inicio de competición do equipo.

Xunto ao ouro de José "Pipo" Costas nos 2.000 metros remo, Justo Alonso acadou a terceira praza na mesma modalidade. O medalleiro ata o momento complétase coas pratas en Atletismo de Alberto Costas e Javier Álvarez nos 10.000 e nos 800 metros respectivamente, e outra prata do ciclista Victor Rodríguez en sprint. Etelvino Perez non puido terminar a proba como consecuencia dunha caida.

En natación, Fernando Lorenzo rematou quinto clasificado en 50 metros libres e 7º en 100 metros bolboreta, facendo unha gran competición ante os equipos ruso, americano e australiano nas finais.
Descargar todas as imaxes