Escoitar

Venda de entradas para o concerto de Pedro Guerra

venres, 30 mar 2001
imx85.jpg
Dende o pasado día 29 pódense adquirir as entradas para o concerto de Pedro Guerra que terá luga o próximo día 5 de abril ás 20.30h. no Cine Fraga.

A actuación forma parte do ciclo de música de autor que organiza a concellería de Cultura.

Os prezos das entradas son de 1.000 ptas. público en xeral, e de 700 pesetas para menores de 25 anos e maiores de 65.

Pedro Guerra presenta neste concerto o seu cuarto disco ” Ofrenda” no que canta ó que acontece no mundo e na vida de todos. Este traballo é unha ofrenda para atopar as vías de respecto e o entendemento: unha ofrenda contra o medo: unha ofrenda que dea voz ós sin voz: unha ofrenda que lembre que os nenos non poden vivir na rúa e que ningunha persoa é mellor que outra. Un disco á esperanza.
Descargar todas as imaxes