Escoitar
O 90% da sinistralidade dos mozos débese ó consumo excesivo de alcohol

A Concellería de Xuventude presenta a campaña ”Bebes ou te moves”

xoves, 29 mar 2001
imx78.jpg
A campaña contra o consumo desmesurado de alcohol ”Bebes ou te moves” emprenderase a partir desta fin de semana, e está incardinada no obxectivo da Concellería de Xuventude de presentarlle á mocidade distintas alternativas de lecer.

Preparouse un programa, durante máis de seis meses, para partir da realidade xuvenil sen reproducir os canons paternalistas, sen intención de convencer ou incidir en que a xuventude deixe de beber. Trátase de concienciar os mozos sobre os efectos prexudiciais ocasionados polo exceso de alcohol e de facerlles chegar as alternativas existentes durante a fin de semana para pasalo ben.

Os personaxes desta campaña son Xenoveva e Mingos e van irromper nos vindeiros días nos medios de comunicación, bares, clubes deportivos, asociacións xuvenís e vecinais, cunha linguaxe directa ó seu público obxectivo. Deseñáronse unha colección de oito fancines, adhesivos, pousavasos, carteis e postais que forman parte desta primeira campaña emprendida en Galicia nesta liña.

Os datos da Policía local revelan que, cada fin de semana, aumentan os controles de alcoholemia con resultados positivos na poboación entre 18 e 30 anos de idade, e o 90% da sinistralidade dos mozos débese ó consumo excesivo de alcohol.
Descargar todas as imaxes