Centros escolares de Vigo participan no programa de educación ambiental Escola Verde
As previsións apuntan a que 1.750 alumnos de primaria e primeiro ciclo de secundaria, pertencentes a 25 centros escolares, participarán no programa educativo de sensibilización ambiental ”Escola Verde” organizado pola Concellería de Ensino.
Mediante sinxelos obradoiros trataranse problemáticas ambientais como os residuos sólidos urbanos, a contaminación das augas e o consumo irracional, entre outros. Ofreceranse posibles solucións a estas cuestións e daranse pautas de comportamento para mellorar, cos actos diarios, o medio natural do Concello de Vigo.
Con estas actividades preténdese educar os nenos en valores de solidariedade, xustiza, equidade e respecto polo medio, así como espertar o sentido crítico constructivo no contorno máis inmediato.
A concelleira de Ensino, Ana Gandón, explicou que dos programas dirixidos ós centros escolares organizados polo Concello de Vigo, 12 actividades están relacionadas co medio ambiente. Inclúen saídas ó Monte do Castro, A Guía, Castrelos, ademais doutros percorridos didácticos como á depuradora do Lagares, para ver o tratamento das augas residuais, ou ás illas Cíes, nas que toman parte 800 nenos cada ano.
Outros obradoiros organizados pola Concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa de Ensino, son de compostaxe e de contaminación acústica.