A Xerencia de Urbanismo axiliza os trámites para o derrubo dos edificios que obstaculizan a entrada na rúa Doutor Cadaval
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou a proposta de indemnizar ao titular do local comercial situado no baixo do número 2 da rúa do Príncipe para que traslade o seu negocio.
O titular do establecemento recibirá 27.121.668 pesetas para concluír o traslado do establecemento nun prazo non superior a dous meses. Deste xeito, facilítase a expropiación dos dous inmobles situados na boca da rúa Doutor Cadaval. A cantidade indemnizatoria foi fixada nun proceso de taxación realizado polos técnicos municipais.
O custo total da expropiación dos edificios e dereitos afectados é de 45.346.108 ptas. A expropiación é necesaria para poder executar o proxecto de urbanización e ampliación da rúa Doutor Cadaval. Unha vez sexan derrubados os inmobles, que ocupan unha superficie de 68 m2, a rúa poderase ampliar ata os 10 metros.
Nestes momentos está tamén en marcha o proceso para converter o vello predio que ocupaba El Pueblo Gallego nunha praza pública cun aparcamento soterrado.
Derrubo dun edificio na rúa Ribadavia
A Xerencia de Urbanismo está a proceder ao derrubo do edificio número 9 da primeira Travesía da rúa Ribadavia. O inmoble estaba en situación ruinosa e o seu propietario tiña orde de executar o seu derrubo. Ao non facelo no prazo establecido, a Xerencia asumiu esa tarefa, impoñéndolle os custos da obra aos donos da finca.