A novela ”Tempos agradables” recibe o premio Mulleres Progresistas

A novela ”Tempos agradables”, de María Concepción Regueiro Digón, gañou a terceira edición do premio Mulleres Progresistas, entregado hoxe pola concelleira de Muller, Ana Gandón.
O obxectivo deste premio, dotado con 250.000 pesetas e subvencionado pola Concellería da Muller,
é fomentar as inquedanzas literarias femininas en igualdade de oportunidades para promover a súa participación en diversas manifestacións culturais e sociais, animándoas a escribir en galego, potenciando así a creación literaria.
O xurado estivo composto, nesta edición, pola presidenta da Asociación Mulleres Progresistas, Beatriz Pereira, pola escritora Milagros Oya, pola xornalista Silvia Vázquez, pola profesora María Meijide e pola xornalista Marta Fontán.
A novela gañadora é unha defensa das libertades na medida en que reflicte unha crítica ás dictaduras e combina o punto de vista da muller dun dos represores e doutra que é víctima da represión e que se revela ante ela.
Descargar todas as imaxes