Rematou a primeiro curso do programa educativo “ Aprender a Convivir”
32 profesores e profesoras participaron no primeiro curso de formación do programa educativo municipal “ Aprender a convivir” que rematou o xoves pasado no Instituto Municipal de Educación. Os mestres de centros de educación infantil, primaria e secundaria recibiron formación sobre diferentes aspectos relacionados coas estratexias didácticas para favorecer a resolución de conflictos, a negociación e a mediación como métodos de resolución e a educación sentimental para favorecer a convivencia.
Os especialistas encargados de analizar os temas foron Xesús Jares, coordinador de Educadores pola Paz-Nova Escola Galega : Hipólito Puente, orientador do IES Alvaro Cunqueiro: Elixio Domarco, orientador do IES Meixueiro e Mercedes Oliveira, profesora do IES Alexandre Bóveda.
O programa educativo municipal “ Aprender a convivir” é o primeiro destas características que se desenvolve en Galicia. Está organizado e impulsado dende a Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo a iniciativa do colectivos de educadores e educadoras pola Paz de Nova Escola Galega.
O obxectivo do programa é incentivar a favorecer a construcción de centros nos que se viva e disfrute dunha convivencia respectuosa, democrática, solidaria. Tamén para evitar ou prever comportamentos e situacións non desexados como son as diferentes formas de discriminación e de violencia, tal como está a acontecer noutros países próximos ó noso.