Presentación Porto-Open 2001

venres, 30 mar 2001
imx79.jpg
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou xunto coa responsable da mesma área na Cámara Municipal de Porto, Manuela Vieira, o primeiro torneo da tempada europea de terra batida do WTA Tour, o Open Porto 2001, que se celebrará do 2 ó 8 de abril.

Nesta ocasión, a vencedora de catro títulos do Gran Slam, Arantxa Sánchez-Vicario, apadriña este torneo, que terá un premio en metálico de 140.000 dólares. Este torneo profesional feminino é, xunto co disputado en Estoril, un grande acontecemento no ámbito deportivo celebrado na Eurorrexión.

Entre as participantes están, ademais de Sánchez-Vicario (14 ranking WTA), a estadounidense Chanda Rubin (19), a española Magui Serna (27) e a italiana Silvia Elia Farina (33), entre outras.
Descargar todas as imaxes