Santi Domínguez di que "é un día feliz" polo acordo cos novos patrocinadores do Celta Bosco feminino
O Celta Bosco denominarase na temporada 2008/09 Celta Indepo na Liga Feminina de baloncesto, ao alcanzar o acordo de patrocinio cunha construtora de instalacións deportivas, e contará con Viajes Sant Yago e Plexus como empresas copatrocinadoras. Así o anunciou hoxe o presidente do club vigués de baloncesto feminino, Paco Araújo, nun acto no Club Financeiro ao que asistiu o tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, a xerente da Fundación VIDE, Laura Magdalena, e representantes das firmas patrocinadoras (Serafín Domínguez, Angel Cabana y Antonio Agrasar) e federación (Alberto Zato).
Araújo agradeceu o apoio de Santiago Domínguez, "que estivo ao noso lado" ata conseguir resolver a chegada de novos patrocinadores. Pola súa banda, o tenente de alcalde asegurou que "hoxe é un día feliz para min", definiu como "un dos emblemas da cidade" ao equipo feminino de baloncesto, que en 2009 cumprirá 40 anos desde que levou o nome do Celta por vez primeira na elite, e valorou o "traballo altruísta" da directiva viguesa. "Equipos así non poden desaparecer e estaba convencido de que ían aparecer empresas, só tivemos que dar un pequeno empurrón", dixo Domínguez, para lograr patrocinios para o deporte que máis títulos estatais deu a cidade (nove, cinco Ligas e catro Copas).
Pola súa banda, o edil de Deportes recoñeceu que desde que se soubo publicamente que o Celta quedaba sen patrocinio ao final da temporada pasada "recibín moitas chamadas de persoas doutras modalidades deportivas mostrando a súa preocupación", o que confirmou o respecto dos clubs cara ao primeiro representante vigués no baloncesto feminino. Pola súa banda, os patrocinadores admitiron o seu desexo de "devolver a Vigo parte do que nos dá".
Descargar todas as imaxes