Santi Domínguez e Xabier Alonso amosan o seu apoio e respaldo aos olímpicos vigueses que irán a Pekín
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso quixeron amosar hoxe o seu "máximo apoio e respaldo" aos deportistas vigueses que participarán nos vindeiros Xogos Olímpicos que se disputarán en Pekín. Así o expresaron Domínguez e Alonso na comparecencia conxunta que compartiron cos deportistas que participarán en Pekín 2008 Chano Rodríguez e Santi Pérez.
"Queremos amosar dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes o noso decisivo e sinceiro apoio e o noso desexo da máxima sorte" a estes dous deportistas, pero tamén ao resto de representantes vigueses doustras disciplinas e tamén aos que forman parte dos equipos técnicos", salientou Santi Domínguez. Na súa intervención destacou a traxectoria deportiva de ámbolos dous deportistas, agradecendo o seu constante esforzo. No caso de Chano Rodríguez sinalou que se tratase do deportista vigués que máis medallas ten obtido e é "especial exemplo á mocidade de o espírito de sacrificio e constante esforzo". En canto a Santi Pérez, o tenente de alcalde subliñou que tamén ten traído para Vigo "importantes títulos", polo que amosou a súa confianza de que xogue un "gran papel" na capital chinesa.
O tenente de alcalde indicou que, ademais de representar á cidade en Pekín e de conseguir medallas, un aspecto fundamental da presenza dos deportistas vigueses nas Olimpíadas refírese ao estímulo e ao exemplo que tanto Chano como Santi representan para a mocidade viguesa. Neste sentido, asegurou que cando volten dos Xogos "utilizarémolos" para levar a cabo unha campaña nos diferentes centros educativos vigueses para que o seu esforzo "sexa visible por todos os nenos e nenas de Vigo e o traballo dos deportistas de elite sirva de exemplo para os deportistas de base".
Pero como sinalou Santi Domínguez, "non só de agradecementos vive o home, senón tamén de axudas", dende Tenencia de Alcaldía, Concellería de Deportes e Fundación VIDE concederán dúas bolsas para Chano Rodríguez e Santi Pérez, cuxa contía "se concretará nos vindeiros días".
Descargar todas as imaxes