xoves, 8 maio 2025

O descenso do Marisquiño rematará este ano en A Laxe

Caballero animou a gozar co “espectáculo extraordinario" do descenso de mountain bike desde O Castro previsto o sábado 9 de agosto e que este ano rematará no Centro de Ocio A Laxe. Trátase dunha das probas estrela do festival de deportes urbanos máis importante do mundo que o Concello subvenciona con case 1.350.000 euros.

O alcalde felicita ao Colexio Losada por 60 anos de actividade docente

xoves, 8 mai 2025

Abel Caballero felicitou este xoves aos fundadores do Colexio Losada así como á dirección, ao profesorado e ao alumnado pola celebración do 60 aniversario dun centro escolar que formou a centos de vigueses, entre os que se atopa o concelleiro Ángel Rivas. O rexedor destacou a traxectoria do Centro de Ensinanza Plurilingüe que conta co recoñecemento como Vigués Distinguido, antes de descubrir a placa en homenaxe aos fundadores, Eugenia e Ramiro Losada Bastos.

O rexedor saúda aos participantes no congreso do emprendemento The Way Startup Summit

xoves, 8 mai 2025

Abel Caballero saudou hoxe aos participantes en The Way Startup Summit que durante dous días reúne en Vigo a 50 startups, 100 relatores e 1.300 asistentes co obxectivo de que 120 investidores de España e Portugal aposten polos proxectos de Galicia. Innovación, emprendemento e investimento son as tres áreas principais do congreso que se celebra na "cidade da economía", segundo recalcou o alcalde.

O rexedor anima aos escolares a interesarse pola música e a formarse na Escola Municipal

xoves, 8 mai 2025

Abel Caballero animou este xoves a interesarse pola formación musical e a interpretación nun instrumento aos 237 alumnos dos colexios Montesol, Celso Emilio Ferreiro, Mestres Goldar, Fontescura, Párroco Don Camilo e Balaídos, que participaron na segunda xornada dos recitais didácticos "Isto non é un concerto!", a cargo do profesorado da Escola Municipal de Música. O alcalde destacou a importancia de gozar da música á vez que chamou aos escolares a matricularse na escola municipal.