Escoitar

O goberno local expón á veciñanza o Plan de Sostibilidade Turística de Bouzas

O alcalde estará cos veciños e veciñas interesados en coñecer o proxecto de primeira man. A humanización da rúa Pazo, a renaturalización da contorna e a dixitalización para a promoción turística da Brincadeira entre as principais actuacións.

mércores, 7 mai 2025

O alcalde explicou que o plan contempla a renaturalización do litoral, coa creación de novos espazos verdes con zonas axardinadas, plantación de especies autóctonas de arborado, arbustiva e herbáceas; ademais da xestión dos residuos coa recolleita porta a porta para os establecementos adscritos. A estas melloras súmase unha nova iluminación e a humanización rúa da Pazo.

Outras das accións a desenvolver será a promoción dixital do centro histórico de Bouzas e a Brincadeira, así como a creación dunha páxina web específica para o acceso a recursos e servizos. “A Brincadeira é unha das grandes festas de Vigo”, afirmou Caballero. Tamén o plan contempla a recollida de lixo porta a porta para os establecementos hostaleiros.

O alcalde detallou que os cambios permitirán a rexeneración da contorna urbana de todo o conxunto de Bouzas. Tamén levará a cabo a potenciación cultural, histórica, artística e natural, ademais de favorecer a mobilidade peonil.

Descargar todas as imaxes