Escoitar

Máis de cen persoas navegaron hoxe pola Ría co programa “Vigo, cidade dos maiores”

A embarcación Nautilus ofreceu esta mañá os dous primeiros paseos dentro da iniciativa “Viaxes pola Ría”. O Concello oferta 2.600 prazas para gozar dunha experiencia guiada durante os meses de maio, xuño e xullo.

martes, 6 mai 2025

Abel Caballero despediu esta mañá aos pasaxeiros do primeiro dos barcos de “Viaxes pola Ría” que ao longo deste verán ofertará 49 viaxes totalmente gratuítas. En dúas quendas, ás 10,15 e ás 12,15h foron cen as persoas que gozaron dun paseo guiado por monitores especializados.

A embarcación Nautilus, preparada para a interpretación do medio mariño, ofertará 2.600 prazas durante os meses de maio, xuño e xullo. En cada visita participan unhas 50 persoas con prazas ordinarias e hai tres reservadas para persoas con mobilidade reducida.

Ocupación hoteleira

A media de ocupación hoteleira da ponte do Primeiro de maio foi dun 63% na cidade, unha cifra “moi alta dado o mal tempo que fixo” aclarou. Respecto da media de abril, esta situouse no 62,3%, dez puntos máis que o mesmo mes do ano pasado.

O 17% dos visitantes procedían do resto de Galicia, o 47 eran turistas nacionais mentres que o 35 restante, eran estranxeiros. Portugal encabeza o país de procedencia, con máis do 31%, seguido de Estados Unidos, cun 10%, Italia, cun 5%, Alemania, case un 5% e, finalmente, Francia, con case un 3%. A estadía media foi de 1,92 días, mentres que a do ano pasado situouse en 1,75. “O pasado mes de abril tivemos máis visitantes e estiveron máis tempo na cidade que en 2024”.

 

Descargar todas as imaxes