Escoitar

O Correlingua reunirá o 9 de maio a 1.800 estudantes co lema "A mocidade activa. Por unha lingua viva"

O Correlingua alcanzará o vindeiro domingo 9 de maio un cuarto de século de existencia coa participación de 1.800 escolares de 20 centros docentes de Vigo e da súa área. "É un día de festa, reivindicativo e participativo", asegurou este luns a concelleira de Educación, Olga Alonso, ao presentar con Anxo Terán, presidente da Asociación Cultural Correlingua, a nova edición que se celebrará baixo o lema "A mocidade activa, por unha lingua viva". A Praza do Rei de Vigo será o punto de partida da marcha pola lingua que finalizará no Parque de Castrelos.

luns, 5 mai 2025

A vocación reivindicativa do Correlingua para promocionar activamente o uso do galego en todos os ámbitos e de forma especial entre a mocidade mantense intacta, segundo apuntaron hoxe a concelleira de Educación e o presidente da Asociación Cultural Correlingua ao presentar a 25 edición da cita festivo-cultural.

Olga Alonso explicou que o venres a marcha polo uso do galego comezará ás 11 da mañá na Praza do Rei para finalizar en Castrelos onde están programadas as actuacións de Paco Nogueiras e de Pauliña. A edil lembrou que todas as persoas que queiran unirse á camiñada polo centro da cidade poden sumarse para participar nunha cita festiva e educativa.

Anxo Terán, tras expresar a súa preocupación pola situación do uso do galego, puxo en valor as actividades que se desenvolven durante todo o ano, como o "Canta Lingua" que este ano contou coa participación de 25 grupos

Descargar todas as imaxes