O Concello esixe unha taxación independente das achegas de Concello e Xunta ao Ifevi
O alcalde confirmou o apoio de Zona Franca e Concello á ampliación do recinto feiral e reclamou de novo unha valoración independente sobre o financiamento histórico do Ifevi. Lembrou que foi o goberno autonómico o que se fixo co control do padroado de forma unilateral.

Abel Caballero recordou esta mañá que goberno galego elaborou unha lei para que o padroado do Ifevi tivera representantes en función do peso económico de cada administración, de maneira que se fixo co control do recinto feiral vigués, con 8 representantes fronte a un só do Concello, cunha "maioría absolutísima". Cando chegou a necesidade de ampliar o Ifevi para Conxemar, asegurou, "a Xunta dixo que non" e a Zona Franca ofreceuse a participar no padroado cun investimento de 18 millóns. “Nos ofrecemos a achega pero tiña que traer cambios acompasados como recuperar a unanimidade.
O alcalde e presidente de Zona Franca acusou á Xunta de “inventar” as cifras das a financiamento histórica do Ifevi. Segundo o goberno autonómico, a Xunta aportou 31,4 millóns e o Concello, 1,6 millóns. Remarcou que a administración local é titular da maior parte das instalacións: os pavillóns 1 y 2, o solo dos pavillóns 3, 4 e 5, ademais da entrada, as oficinas e os aparcamentos. Neste punto insistiu na vontade de salvar a ampliación do Ifevi, pero advertiu de que de “ningún modo” asinará o acordo tal e como plantexa a Xunta porque “é un engano”. O Concello e a Zona Franca son as institucións que van “salvar Conxemar”. Con ese obxectivo, reclamou unha valoración independente das achegas de cada administración para configurar a representación no padroado e esixiu que o órgano adopte as decisións por unanimidade.
En caso de que a Xunta non acepte estas condicións, o rexedor invitouna a poñer los 18 millóns precisos para ampliar o recinto. Rematou insistindo na proposta municipal para salvar o Ifevi: valoración de achegas, fixar aportación económica de Zona Franca, compromiso de unanimidades e tomar cada decisión futura por unanimidade.