luns, 19 mar 2018
"Este xoves día 22 poremos en funcionamento todas as escaleiras mecánicas da Porta do Sol", avanzou o alcalde este luns. Coa primeira fase xa concluida, a segunda está a piques de rematar e permitirá que a conexión entre Porta do Sol e Abeleira Menéndez estea inaugurada o xoves. O Concello adicou case dous millóns de euros ao total da obra.
luns, 19 mar 2018
Abel Caballero asegura que a situación económica, cun PIB en niveis anteriores á crise, permite aplicar unha suba das pensións, unha decisión política, aclarou. Logo de reiterar o seu apoio á mobilización organizada o sábado, na que estivo presente, insistiu en que non poden ser os 8 millóns e medio de xubilados os que segan a pagar a saída da mala situación económica.
luns, 19 mar 2018
Abel Caballero confía nunha resposta afirmativa do ministro de Cultura ao que vén de facer chegar a proposta de construír a Biblioteca do Estado nos terreos municipais da rúa Lalín. O espazo expropiado polo Concello ten 6.000 m2 e un valor de 5 millóns e sería cedido de xeito gratuíto polo goberno local.
luns, 19 mar 2018
Abel Caballero presentou esta mañá a segunda edición do Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo. Organizado pola Asociación de Música Clásica de Galicia, o certame se desenvolverá entre o 24 e o 28 de febreiro con participantes de 31 países
luns, 19 mar 2018
Abel Caballero saudou este luns ao centenar de alumnos de ESO do IES Rosais 2 e do CPR Escolas Nieto asistentes no Auditorio municipal aos Concertos didácticos organizados polo Concello, a través da Escola municipal de Música, baixo o título "A tradición oral nas cantigas de Martín Códax".
luns, 19 mar 2018
Segundo adiantou este luns Abel Caballero, o goberno de Vigo impulsa o programa educativo "VigoHistoria 2018: A Reconquista" ata o próximo 6 de abril, do que participarán inicialmente estudantes de Primaria do Pintor Laxeiro.
luns, 19 mar 2018
O alcalde da cidade, Abel Caballero, recibiu este luns na Alcaldía a un grupo de estudantes franceses que toman parte nun programa educativo de intercambio co IES Politécnico de Vigo.<br />
luns, 19 mar 2018
Este é o novo percorrido literario que realizarase vindeiro 24 de marzo, sábado, con saída dende "Detrás do Marco" ás 11.00 h.O percorrido será guiado pola autora da novela, Clara do Roxo, e permitirá que nos acheguemos a esta zona da nosa cidade, ao seu desenvolvemento e actualidade, a través das aventuras do mozo que protagoniza a historia.