Escoitar

O Concello divulga a Reconquista entre os escolares da cidade

Segundo adiantou este luns Abel Caballero, o goberno de Vigo impulsa o programa educativo "VigoHistoria 2018: A Reconquista" ata o próximo 6 de abril, do que participarán inicialmente estudantes de Primaria do Pintor Laxeiro.

luns, 19 mar 2018
O alcalde informou este luns do comezo do programa "VigoHistoria 2018: A Reconquista", promovido polo Concello de Vigo co obxectivo de divulgar entre os escolares da cidade a historia da Reconquista da cidade.

Ata o próximo 6 de abril, e comezando cos estudantes de Primaria do CEIP Pintor Laxeiro, o alumnado coñecerá dun xeito didácto e ameno, e no propio Casco Vello, a recuperación da cidade no 1809 ás tropas napoleónicas, da man de monitores e especialistas recoñecidos.

Segundo detallou Caballero, un actor caracterizado do soldado francés Pierre Delapierre amosará os escenarios da Reconquista na zona vella da cidade, coa unidade didáctica "Mapa da Reconquista" e materiais preparados ao efecto.