xoves, 22 mar 2018
Caballero anunciou hoxe xoves que a actuación de Maná, o próximo 23 de xullo en Castrelos será outra das citas musicais programadas dentro de Vigo en festas. En declaracións aos medios, reiterou que a cidade contará este verán con dez grandes concertos entre os que tamén estarán Joan Manuel Serrat e Raphael.
xoves, 22 mar 2018
Caballero deu conta esta mañá da achega de 606.000 á Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS) para subvencionar comedores e actividades extraescolares. Tamén inclúe o servizo de Aula matinal para axudar á conciliación familiar.
xoves, 22 mar 2018
Caballero subliñou que ambos escritores recibiron o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil -Costas en 2015 e Teijeiro o pasado ano- e serán nomeados "ex aequo" co galardón de Vigués Distinguido 2018. Será o caso ademais dos colexios Doutor Fleming e Canicouva, que celebran 50 anos na cidade.
xoves, 22 mar 2018
A Xunta de Goberno adxudicou as obras da pista de skate, BMX e Roller Vert Wall en Navia. Cun orzamento de licitación de 300.000 euros, a previsión é que os traballos de construción se prolonguen catro meses.
xoves, 22 mar 2018
O alcalde visitou este xoves o Colexio Montecastelo, sede da primeira edición do Concurso de Xadrez Open Chess no que participan alumnado de 3º a 6º de Primaria de distintos centros escolares de Vigo. Caballero animou aos escolares a practicar un "deporte" que exercita a "memoria e o razonamento"