martes, 20 mar 2018
Abel Caballero informou que o goberno vigués incoa o expediente para a consecución dos terreos que permitan levar o paseo fluvial ata Manuel Álvarez. O alcalde cifrou o investimento municipal en 776.000 euros neste novo tramo de 3,3 quilómetros, con seis meses de prazo estimado de obras.
martes, 20 mar 2018
O alcalde e presidente do ente, Abel Caballero, subliñou a "importancia" desta actividade na cidade e o "momento extraordinario" que vive, ao tempo que censurou que a "paralización desde a Xunta dos procesos de formación orixinou un grave dano ao sector porque necesitan persoal formado técnico e non o teñen".
martes, 20 mar 2018
Nun acto no Auditorio Mar de Vigo, o alcalde entrega os diplomas acreditativos aos 670 alumnos de ESO que participaron o ano pasado no programa "Vigo en Inglés" do Concello de Vigo. Caballero recordou que este ano as prazas se amplían ata as 750 e o prazo para optar está aberto ata este venres, 23 de marzo.
martes, 20 mar 2018
O rexedor achegouse esta mañá a este novo punto de venda que supuxo un investimento de 2,5 millóns e a creación de 25 postos de traballo directos e aproximadamente 30 indirectos. Acompañado polo segundo tenente David Regades, fixo un percorrido polos 500 m2 de superficie comercial que o grupo pon a disposición dos consumidores.