Escoitar

A Fundación ProVigo celebra unha xornada sobre o sector naval

O alcalde e presidente do ente, Abel Caballero, subliñou a "importancia" desta actividade na cidade e o "momento extraordinario" que vive, ao tempo que censurou que a "paralización desde a Xunta dos procesos de formación orixinou un grave dano ao sector porque necesitan persoal formado técnico e non o teñen".

martes, 20 mar 2018
1521554345provigo.JPG
A xornada, inaugurada este martes polo propio alcalde na sede de Afundación en Policarpo Sanz, leva como título "Estratexias para o sector da construción naval e o incremento do valor engadido xerado na súa actividade" e está enmarcada no programa "Vigo ante o seu futuro".
Descargar todas as imaxes