Escoitar

O goberno local arrancará en xuño as obras de cubrición do patio do colexio do Rocío

Abel Caballero avanzou esta mañá que en xuño comezarán as obras de cubrición do patio do Rocío, ao tempo que tamén está previsto acometer as do Carballal e as do Canicouva. Deste xeito, o Concello, que xa recibiu 15 peticións, atende unha demanda competencia exclusiva da Xunta de Galicia. <br />

luns, 19 mar 2018
1521465921rocio.jpg
O alcalde participou esta mañá no colexio do Rocío nunha iniciativa chamada Contos na Lareira, con alumnos de infantil e primaria. Aproveitando a visita ao centro, o rexedor referiuse á obra de cubrición do patio que o Concello vai iniciar no mes de xuño, tan pronto remate o período escolar. Aos 275.000 euros deste proxecto hai que sumar outro medio millón para cubrir os patios dos centros Canicouva e Carballal. Ademais, detallou, o orzamento de 2018 recolle outro medio millón de euros con este obxectivo, unha cantidade que se vai a incrementar a cargo do superávit.

Caballero explicou que o Concello recibiu a petición de 15 centros que solicitan cubrir o seu patio de xogos o que suporá un importe de entre 5 e 6 millóns. Unha vez máis, asegurou, a Xunta non asume as súas competencias e será o Concello o que acometa estas melloras, coa incorporación de varias destas solicitudes este mesmo ano.
Descargar todas as imaxes