Escoitar

O goberno de Vigo leva "A tradición oral nas cantigas de Martín Códax" nos Concertos Didácticos

Abel Caballero saudou este luns ao centenar de alumnos de ESO do IES Rosais 2 e do CPR Escolas Nieto asistentes no Auditorio municipal aos Concertos didácticos organizados polo Concello, a través da Escola municipal de Música, baixo o título "A tradición oral nas cantigas de Martín Códax".

luns, 19 mar 2018
1521465681Etrad.jpg
En declaracións aos medios, o alcalde explicou que "Vigo vive posiblemente o mellor momento da súa historia no ámbito da música", coa configuración dun sistema musical de diferentes ámbitos e especialidades.

Así, Caballero citou o desenvolvemento na Escola Municipal de Música e nas escolas das distintas parroquias da cidade, as corais -a Casablanca e corenta máis- e as bandas de música. Tamén enumerou o rexedor o Festival de Jazz ImaXinaSons, a área de música tradicional, clásica e ópera, co Concurso Internacional de Piano "Cidade de Vigo" -presentado precisamente este luns na súa segunda edición-, o Concurso Internacional de Corda e o Festival de Ópera. No tocante ás orquestras, o alcalde destacou a Orquestra Vigo 430, "a terceira gran orquestra sinfónica de Galicia", a Orquestra Clásica de Vigo e SondeSeu, todas apoiadas polo Concello de Vigo.

"Esto é unha mobilización cultural de música como non hai nada igual en toda Galicia", destacou o alcalde, "financiada toda exclusivamente desde o Concello de Vigo, non hai ningunha outra axuda".
Descargar todas as imaxes