O goberno de Vigo valida o novo aparcamento da Praza de Portugal, que incluirá escaleiras mecánicas de uso público
Abel Caballero informou da aprobación este mércores do proxecto de reforma e acondicionamento do estacionamento, cun investimento de 1,3 millóns e catro meses de execución. Con 193 prazas en total, a obra inclúe un ascensor desde a Praza e escaleiras mecánicas cubertas desde Uruguai á Praza de Portugal.
En sesión extraordinaria, segundo afirmou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de reforma e acondicionamento do aparcamento público da praza de Portugal, a executar pola empresa Empark cun investimento de 1.335.000 euros.
O edificio, revelou Caballero, terá dúas prantas baix rasante pola Praza, superficie total de 5.600 metros cadrados e un total de 193 prazas, das que 15 serán para motos, seis para vehículos de persoas con discapacidade e outras cinco habilitadas para a recarga de coches eléctricos.
Esta remodelación inclúe un acceso ao aparcamento desde a propia praza, a través dun ascensor. Ademais, e de uso público, o Concello inclúe coa obra a construción dunhas escaleiras mecánicas cubertas para acceder á Praza de Portugal desde a rúa Uruguai.
Abel Caballero explicou que, unha vez aprobado o proxecto, a empresa conta con 15 días para elaborar a acta de replanteo da obra e, a partir de ahí, o prazo estimado de duración das obras ascende a catro meses.
Ludoteca
Tamén na Xunta de Goberno Local celebrada este venres, explicou o rexedor, aprobouse o convenio para subvencionar a ludoteca que xestiona a Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de Lavadores en Ramón Nieto, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. O Concello adica ao efecto 28.000 euros.
Abel Caballero subliñou que este programa de dinamización infantil ten lugar de luns a venres de 16 a 20 horas, horario que, durante as vacacións do verán, pasa á mañá, entre as 09:30 e as 13:30 horas. O alcalde puxo en valor a "atención" que presta o goberno de Vigo aos máis pequenos e á "conciliación" das familias.