Escolares vigueses plantan camelios para celebrar o Día Mundial da Árbore
Abel Caballero participou este xoves na plantación de árbores xunto aos alumnos do Colexio Doutor Fleming. O Concello de Vigo repuxo un total de 12.000 árbores na última década, dos que 3.500 foron en zona urbana.
O Concello de Vigo celebrou este mércores o Día Mundial do Árbore coa plantación simbólica de cinco camelios, da especie xapónica, no cruce da Avenida das Camelias coa rúa Álvaro Cunqeiro. O alcalde participou no acto xunta a un grupo de 25 escolares de 5º de Primaria do Colexio Doutor Fleming.
Abel Caballero destacou que o Concello está a levar a cabo a plantación de máis de 500 árbores en toda a cidade e que xa repuxo un total de 12.000 árbores desde que está no goberno local, dos que 3.500 foron plantados en zona urbana. A actividade levada a cabo na Avenida das Camelias tamén consistiu no reparto de folletos sobre as especies plantadas.