luns, 1 mar 2010
Abel Caballero visitou hoxe luns as obras de mellora de Paulino Freire, en Bouzas, onde a humanización -que supón un investimento de 438.000 euros- creará 23 prazas de aparcamento e manterá a dobre dirección, en exclusiva para o transporte público en sentido baixada. Esta opción é posible grazas ao sistema de "semaforización preferente para autobuses", pionero en Vigo, que detecta a chegada dos mesmos e os semáforos permiten automáticamente o paso destes.
luns, 1 mar 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, anunciou este luns que o Plan Estratéxico dos Mercados Muncipais 2010-2015, que será elaborado por un equipo de investigadores da Universidade de Vigo, definirá as estratexias que se porán en marcha nestas instalacións co obxectivo de potenciar a súa competitividade e modernización. Tras a xuntanza que mantivo cos xerentes dos mercados, o concelleiro defendeu a necesidade de elaborar unha planificación a longo prazo de todas as actuacións que se leven a cabo, entre as que tamén figuran a posta en marcha dun "plan escoita" e unha campaña de formación para os comerciantes.
luns, 1 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou hoxe que vai a poñer en contacto os membros do Campus da Cidade do Mar con representantes do Goberno de España, en concreto cos dos ministerios de Educación, de Industria e de Innovación, a efectos de apoio aos diferentes proxectos do futuro centro.
luns, 1 mar 2010
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns as actividades organizadas polo Consello Municipal da Muller para conmemorar o Día Internacional da Muller e que terá o acto central o vindeiro domingo na Praza 8 de Marzo. Baixo o lema "Dereitos das mulleres. A revolución creactiva", a concelleira salientou que a convocatoria deste ano quere poñer de manifesto o traballo que se está a desenvolver para manter os dereitos xa acadados polas mulleres.
luns, 1 mar 2010
O alcalde, Abel Caballero, asegurou este luns que o temporal "non tivo efectos serios" na cidade, deixando un total de 363 contedores caídos polo vento, outras 17 árbores e 172 incidencias que foron atendidas pola Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil. O Concello mobilizou 200 efectivos durante a fin de semana e suspendeu temporalmente liñas de Vitrasa por "precaución". O alcalde felicitou a MeteoGalicia por alertar a tempo xa que "permitiu organizarnos e facerlle fronte" ao Xynthia.
luns, 1 mar 2010
A convocatoria "Compartimos unha cidade. Compartamos as nosas linguas", organizadas por las áreas de Benestar Social e de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, péchase o martes día 2 de marzo, cunha mesa redonda na que se vai a debatir os distintos vieiros de actuación para acadar a integración das persoas inmigrantes na cidade de Vigo. O acto está previsto a partir das 17 horas no auditorio do Edificio Municipal da Rúa Areal.<br />
Anuncio de Mobilidade, Transporte e Seguridade
luns, 1 mar 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola <br />
empresa HIDROSCIVIL, estará pechada ao tráfico a rúa FREIXEIRO, treito entre A Palacios e Bxada á Igrexa, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 2 de marzo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.