Escoitar

Aprobadas obras de humanizacións por un importe de 630.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe en sesión ordinaria un total de 630.000 euros en inversións con destino a obras de humanizacións en distintos lugares de fóra do ámbito urbano de Vigo. As obras comezarán nun plazo aproximado de dúas semanas, según manifestou o alcalde de Vigo.

luns, 1 mar 2010
Na sesión aprobouse en primeiro lugar a modificación das obras de Mestre Gonsar da nova gardería municipal co obxetivo de adaptala á normativa e así darlle maior amplitude á instalación que se atopa xa en construcción.

Asemesmo se tomou a decisión de ampliar o saneamento municipal na rúa Anduriña cun presuposto de 11.000 euros e aprobouse o Plan de Seguridad e Saúde en Cabral por un importe de 134.000 euros, e deuse tamén o visto bo os plans de seguridade e saúde na rúa Mcall con 113.000, na rúa Costa en Castrlelos 205.000 e na baixada a praia de Saiáns por 165.000 euros.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recordou que unha vez que se aproban os plans de saúde, as obras comezan de inmediato, polo que fixou para dentro de dúas semanas o inicio das obras aprobadas na xunta de goberno.