Escoitar

O alcalde de Vigo facilita o contacto da Cidade do Mar co Goberno central

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou hoxe que vai a poñer en contacto os membros do Campus da Cidade do Mar con representantes do Goberno de España, en concreto cos dos ministerios de Educación, de Industria e de Innovación, a efectos de apoio aos diferentes proxectos do futuro centro.

luns, 1 mar 2010
1267451678presdientaaje.jpg
Presidenta AJE
Abel Caballero mantivo hoxe unha entrevista co comisionado para a creación do campus Cidade do Mar, Emilio Suárez, no transcurso da cal o rexidor municipal foi informado do avance do citado proxecto e aceptación que ten o mesmo no eido do ensino superior pois está a avalado por seis universidades, tres de Galicia e tres do norte do Portugal, ademáis de contar co apoio do Centro Superior de Investigacións Científicas, o Instituto de Oceanografía, laboratorios de biotoxinass e Telecomunicacións, ademáis dos centros relacionadas con medio mariño.

Por outra banda, o campus da Cidade do Mar está esperando a resposta da Xunta de Galicia para a utilización das instalacións da ETEA para ubicación do novo centro de investigación. Ademáis, hai que salientar que a futura Cidade do Mar vai a ser una vez posta en marcha candidata ao Campus de Excelencia Internacional, unha denominación que supón a financiación por parte do Ministerio de Educación dos proxectos de investigación que se leven a cabo no futuro campus mariño.

Xóvenes empresarios
Por otra parte, Abel Caballero tamén estuvo reunido coa directiva da Asociación dos Xóvenes Empresarios para abordar a celebración dun congreso en Vigo durante o mes de outubro. Nese senso o alcalde fixo fincapé en que a convocatoria conta co apio do Concello, pois a Concellería de Promoción Económica está en contacto coa asociación empresarial ao consideran que o evento constitúe unha boa iniciativa para a cidade, na que se están implantando novas xeracións de empresarios e sindicalistas.
1267451678presdientaaje.jpg
1267451633comisionadounievrsidade.jpg
Descargar todas as imaxes