Iolanda Veloso di que este ano a festa do 8 de marzo reflicte o traballo por manter os dereitos logrados polas mulleres
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns as actividades organizadas polo Consello Municipal da Muller para conmemorar o Día Internacional da Muller e que terá o acto central o vindeiro domingo na Praza 8 de Marzo. Baixo o lema "Dereitos das mulleres. A revolución creactiva", a concelleira salientou que a convocatoria deste ano quere poñer de manifesto o traballo que se está a desenvolver para manter os dereitos xa acadados polas mulleres.
"É certo que temos avanzado na consecución dos dereitos, pero temos que mantelos e seguir avanzando dende unha visión creactiva e positiva", manifestou a concelleira de Igualdade, na presentación das actividades, na que tamén participou a representante da Rede contra os Malos Tratos, Rosa Fontaíña. A loita contra a discriminación salarial, a violencia de xénero e a femininazación da probreza son os tres aspectos fundamentais nos que, segundo Iolanda Veloso, as desigualdades entre homes e mulleres son máis patentes.
As actividades previstas o vindeiro domingo 7 de marzo prolongaranse na Praza 8 de marzo de xeito "ininterrumpido durante toda a xornada", segundo salientou Rosa Fontaíña. De 10 a 20 horas desenvolverase unha completa programación que persegue a participación activa das persoas que asistan. Ademais de recibir agasallos, o público poderá contribuír, coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados relativos á situación da muller.
Asemade, durante toda a xornada poderá visitarse a exposición fotográfica "Mulleres 2010", organizada pola Concellería de Igualdade, e na que se amosa un abano de imaxes de mulleres que viven, traballan e medran en Vigo e na súa contorna e que compartiron ás súas experiencias e as súas historias. O obxectivo da mostra é facelas visibéis, recoñecerlles o seu valor e esforzo e crear referentes para outras mulleres que poidan obter delas ánimos e folgos.
Ao igual que nas pasadas edicións da festa, varias artistas graffiteiras elaborarán in situ unha grande obra relativa á celebración do 8 de Marzo, mentres que a ambientación musical realizarase no interior dunha carpa instalada na praza e incluirá sesións animadas por Djs, así como actuacións de punk-rock, folk, zanfonas ou pandereteiras. Pola súa parte, as actrices "Catuxa e Pituxa", serán as encargadas de dinamizar as actividades que se desenvolverán durante a xornada, a través do seu espectáculo "Mandanelas".
Ás 11 horas actuará o grupo de pandereteiras "Tarambainas", da AVCD Lavadores e ás 11.30 horas comezará outra actuación musical a cargo dun grupo de zanfonas. Ademais, "Sinais no ar" é o nome da actuación musical que ofrecerá a violinista Laura Quintillán a partir das 12.45 horas. Ás 13 horas, dará comezo a actuación de "Lulavai", unda das máis delicadas e intimistas formacións de música galega actual, que interpretará temas tradicionais e de composición propia.
As nenas e os nenos que se acheguen á praza tamén poderán participar en diversas actividades, como as que ofrecerán, ás 12 horas, as titiriteiras Larraitz e Mirari Urruzola, da compañía "Babaluva". A obra que representarán, "Marusía", é unha fascinante aventura en teatro de guiñol tradicional. Pola súa parte, ás 17 horas, estas artistas porán en escena "Lume", unha emocionante aventura en teatro de obxectos. Ás 18 horas, soará na praza "Agoraphobia", unha banda de punk-rock formada por catro rapazas procedentes de Boiro que teñen amosado unha gran proxección. Tras esta actuación, ás 19 horas terá lugar a lectura do manifesto do Consello Municipal da Muller co gallo do 8 de Marzo e ás 19.30 horas, o grupo "As Routadas" ofrecerá a actuación fin de festa na que a música folk será protagonista.
O Consello Municipal da Muller tamén organizou un programa de actividades que se desenvolverán durante todo o mes de marzo e que inclúe exposicións, un ciclo de cine en colaboración co Cine Clube Lumiere, a proxección de documentais no Marco e celebración dun pleno no que participarán as integrantes do Consello Municipal da Muller o día 8 de marzo ás 11 horas.
Os actos organizados desenvolveranse baixo á feminización do nome da cidade, VIGA, e ao respecto, a concelleira de Igualdade, en resposta aos medios, explicou que comezou a utilizarse no 2008 como un elemento visual que servira de chamada de atención e de referenza para a cidade. "Queriamos que o 8 de marzo se entendera Vigo como unha cidade feminina e feminista", destacou.
Descargar todas as imaxes