Vigo entregou está mañá no rexistro da FISU o Dossier de Candidatura á Universiada de Verán 2013
A visita dos membros da comisión da federación internacional a nosa cidade para evaluar o proxecto será antes do 30 de abril
A visita dos membros da comisión da federación internacional a nosa cidade para evaluar o proxecto será antes do 30 de abril
En dúas semanas, o alcalde e o colectivo de Vigueses Distinguidos manterán unha reunión no que consensuarán os galardoados e tratarán grandes temas da cidade como o Auditorio ou o AVE. O alcalde mantivo un encontro este venres coa directiva da Fundación, ademais de co Director Territorial de Telefónica Móbiles e os coordinadores do VIII Foro Tecnolóxico do Emprego da Universidade de Vigo.
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este venres que a Tenencia de Alcaldía instalará unha oficina na lonxa do Concello para asesorar ás persoas interesadas en solicitar as subvencións das áreas sociais, que para este ano ascenden a 1.900.000 euros. Santi Domínguez sinalou que deste xeito quérese ofrecer unha "atención personalizada a todas as persoas que queiran acceder as axudas durante todo o tempo que dure o proceso".
A Concellería de Benestar inicia este sábado, 15 de marzo, o primeiro Foro de Emigración que se celebra en Galicia. O encontro, que se desenvolverá no Centro Cultural Caixanova, nace como un espazo de encontro e traballo entre o colectivo de persoas inmigrantes e o movemento asociativo vigués. O obxectivo desta iniciativa, á que se comprometeu a concelleira María Méndez tras a reunión que mantivo en decembro con 18 colectivos de inmigrantes e emigrantes retornados da cidade, é o de analizar a situación dos emigrantes e inmigrantes non só en Vigo, senón tamén no resto de Galicia.
As seis oficinas de Turismo de Vigo están xa preparadas para afrontar a nova temporada turística de Semana Santa, segundo anunciou este venres o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, xa que abren dende mañá, 15 de marzo, e ata o vindeiro día 23. A apertura das oficinas engádeselle os servicios especiais que terán lugar do día 19 ao 23 co Bus Tturístico e as rutas guiadas gratuítas pola cidade.
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este venres a programación de teatro "Vigo a Escena" para o primeiro semestre do 2008, que continúa esta fin de semana con catro representacións en distintos puntos da cidade, como son o instituto Santa Irene, o Centro Cultural de Valladares, a Asociación de Veciños Monte da Mina de Castrelos e a Asociación de Veciños San Xurxo de Saiáns, ademais das dúas funcións da programación estable de teatro municipal que terán lugar no Auditorio Municipal. Segundo o concelleiro nacionalista, que na presentación estivo acompañado polo responsable da programación de Artes Escénicas do Concello, Xerome Calero, deste xeito, a programación teatral organizada dende o Concello cumpre, o seu principal obxectivo de "descentralización cultural".