As seis oficinas de Turismo de Vigo abren dende mañá e ata o domingo 23 de marzo con motivo da Semana Santa
As seis oficinas de Turismo de Vigo están xa preparadas para afrontar a nova temporada turística de Semana Santa, segundo anunciou este venres o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, xa que abren dende mañá, 15 de marzo, e ata o vindeiro día 23. A apertura das oficinas engádeselle os servicios especiais que terán lugar do día 19 ao 23 co Bus Tturístico e as rutas guiadas gratuítas pola cidade.
En horario de 10 a 14 horas e de 15.30 a 19.30 horas, as oficinas están a disposición dos turistas na Pedra, na Estación Marítima, na Porta do Sol, na Praza do Rei, na Praza de España e na estación de Renfe. O servicio do Bus Turístico ofrecerá os seus percorridos catro veces ao día, dúas pola mañá e dúas pola tarde, coas saídas ás 10, 12, 16:30 e 18:30 horas dende a rúa de Cánovas del Castillo, aínda que tamén a posibilidade de coller o bus nas paradas do Areal, García Barbón, Monte do Castro, Praza de España, Praza de América, ou Museo de Castrelos, entre outras. Co mesmo tíquet pódese subir e baixar do bus ao longo do día as veces que se queiran. O prezo da viaxe, cunha duración dun día, é de 7,50 euros para os adultos e 4 euros os nenos e nenas de 3 a 14 anos. O Bus Turístico conta cun sistema de locución con auriculares, polo que se pode escoitar a información en varios idiomas.
As rutas guiadas gratuítas pola cidade, pola súa banda, organizaranse en función da demanda. Na actualidade se ofrecen tres rutas: "100 minutos de cultura", "100 minutos de mar" e "100 minutos de natureza". A primeira delas comeza no Marco (Museo de Arte Contemporánea) e remata na rúa da Pescadería, máis coñecida como "Rúa das Ostreiras". Durante o percorrido pódense contemplar algúns dos edificios, prazas e monumentos máis significativos da cidade. A ruta "100 minutos de mar" comeza na Praza da Pedra e remata no emblemático barrio do Berbés. Durante este percorrido darase información sobre a evolución histórica do porto, así como a súa relevancia para a cidade nos últimos séculos. E "100 minutos de natureza", na que dende o comezo na Fortaleza do Castro darase información acerca das esculturas, vexetación e historia do Parque do Castro.