Escoitar

A programación municipal de teatro para adultos continúa mañá coa representación de "Sempre ao lonxe"

Coa obra "Sempre ao lonxe", interpretada pola compañía Mofa e Befa, continúa mañá, 14 de marzo, a programación estable de teatro para adultos para o primeiro semestre de 2008, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. As representacións, que terán lugar no Auditorio Municipal ás 21:00 horas, serán mañá e pasado, 14 e 15 de marzo.

xoves, 13 mar 2008
1205415699sempre.jpg
As entradas, de 5 euros, xa están a venda nas instalacións da Central de Espectáculos (na rúa Velázquez Moreno, número 26) e por internet na web www.centralespectaculos.com. Unha hora antes do comezo do espectáculo, se todavía quedasen entradas, poden mercarse na propia taquilla do Auditorio.

"Sempre ao lonxe" preséntasenos como unha reflexión sobre a "fauna" humana e as distintas "especies" que a compoñen. É un asalto aos prexuízos cos que xulgamos aos que son distintos a nós, ou o seu comportamento dun modo singular, e por outro lado é un canto á liberdade de ser e expresarse como un desexa e non como marcan os cánones sociais.

Mofa e Befa reutilizan de novo o seu humor ácido para facernos reflexionar sobre a convivencia, a sociedade e en definitiva os medos a ser libre e as ataduras ás que nos vemos suxeitos nun entramado de relacións sociais. Nesta proposta, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira vense máis arroupados pola música de Piti Sanz, que ten unha maior presenza que nos anteriores espectáculos, con diversas cancións e músicas ao longo do espectáculo. Tanto Calvo coma Mosqueira compaxinan Mofa e Befa con outros proxectos televisivos e cinematográficos, e mesmo coincidiron noutros proxectos á marxe do dúo, como a serie Mareas vivas.
Descargar todas as imaxes