luns, 10 mar 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director do Centro de Vigo de PSA, Pierre Ianni, e o director xeral de VITRASA, Juan Carlos Villarino, asinaron este luns o convenio que formaliza o servizo, que deu comezo este mesmo día. As lanzadeiras parten do Cemiterio de Teis, a avda. de Vigo e a avda. do Aeroporto, e os seus horarios coinciden coas entradas e saídas dos turnos de mañá e tarde da factoría viguesa.
luns, 10 mar 2008
O Parque Tecnolóxico contará ao longo do 2009 cunha galescola froito da cesión dun terreo ao Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar aprobada na Xunta de Goberno Local celebrada este luns. Segundo salientou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, nunha rolda de prensa conxunta co tenente de alcalde, Santi Domínguez, en 2009 Vigo contará con dúas galescolas, xa que proximamente será inaugurada a da rúa Palencia en virtude do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Igualdade.
luns, 10 mar 2008
Membros da Corporación Municipal e numerosos cidadáns asistiron á concentración silenciosa que tivo lugar no mediodía deste luns na praza do Rei para mostraren o seu rechazo ao atentado do pasado venres en Mondragón no que faleceu Isaías Carrasco.
luns, 10 mar 2008
O programa "Súbete ao Castro" amplía a súa oferta cun programa de formación musical que inclúe cursos gratuítos de guitarra, vogalista, baixo, batería, teclado e pandeireta, segundo anunciou este luns a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso. A inscrición para participar nos cursos, dirixidos a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, xa está aberta, e para matricularse só é preciso cubrir un formulario nas instalacións do programa no parque do Castro, ao carón da pista de bicicletas.