O Concello cede un terreo en Valadares para unha galescola e ofrece 375 prazas para maiores no programa de balnearios da Deputación
O Parque Tecnolóxico contará ao longo do 2009 cunha galescola froito da cesión dun terreo ao Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar aprobada na Xunta de Goberno Local celebrada este luns. Segundo salientou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, nunha rolda de prensa conxunta co tenente de alcalde, Santi Domínguez, en 2009 Vigo contará con dúas galescolas, xa que proximamente será inaugurada a da rúa Palencia en virtude do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Igualdade.
"Traballamos para poñer en marcha un servicio moi necesario para acadar a igualdade real entre homes e mulleres", subliñou María Méndez, quen explicou que o terreo, cedido por trinta anos, ten unha superficie de 2.000 metros cadrados e a galescola ofertará arredor de corenta prazas en quenda de mañá e tarde.
Ademais, a concelleira de Benestar Social anunciou a adhesión da Concellería ao programa de balnearios en colaboración coa Deputación de Pontevedra, que ofrece 375 prazas para persoas maiores de 50 anos.
A adhesión a este programa enmárcase no programa de avellentamento activo que se está a levar a cabo por parte da Concellería de Benestar Social e que neste caso levará as persoas admitidas a gozar de dúas horas diarias dos servizos dos balnearios de Mondariz, Cuntis ou A Toxa nos meses de abril, maio, xuño e outubro, pagando só parte do custo, entre 30 e 40 euros dependendo do balneario, xa que o Concello de Vigo achega 32 euros por usuario.
O programa, que se desenvolverá de luns a venres, pon a disposición dos usuarios e usuarias autobuses para ir e volver diariamente ás instalacións do balneario ao que se acuda. As solicitudes para participar no programa poden facerse xa a partir da fin desta semana.
Respecto á posta en marcha destas dúas iniciativas, o tenente de alcalde, Santi Domínguez salientou que dendeo Concello "se están a cumprir os compromisos para incrementar a calidade de vida da cidadanía". Precisamente en relación coa política de benestar, "que é política para a xente", o tenente de alcalde anunciou que esta semana se aprobarán nunha Xunta de Goberno extraordinaria as subvencións que teñan que ver coas áreas de Cultura, Festas, Xuventude, Patrimonio, Normalización Lingüística, Benestar, Deportes, Comercio e Turismo, que ascenden a 1.900.000 euros.
"Por primeira vez sacaremos todas as subvencións ao mesmo tempo, facilitando unha información global das axudas que oferta o Concello nestas áreas", explicou Santi Domínguez. Ademais, o tenente de alcalde precisou que se habilitará un teléfono único de información na Tenencia de Alcaldía para informar, asesorar e solventar dúbidas a todas as persoas interesadas. Por outra banda, sinalou que a "aposta decidida" do BNG polo benestar plásmase na licitación dun novo centro de día na rúa O Grove, no que proximamente comezarán as obras, e a inauguración o pasado mes de xaneiro do centro de día Atalaia.
Descargar todas as imaxes