A delegación viguesa apraza a súa visita a Bruxelas para despois de Semana Santa
O dossier entregarase o vernes como estaba previsto, pero todo o staff da FISU tivo que viaxar urxentemente a Belgrado e non podería recibir aos representantes de Vigo
O dossier entregarase o vernes como estaba previsto, pero todo o staff da FISU tivo que viaxar urxentemente a Belgrado e non podería recibir aos representantes de Vigo
A Confederación Galega de Minusválidos (Cogami) amosou este mércores o seu apoio á posta en marcha por parte da Tenencia de Alcaldía do proxecto "O noso taxi", que permitirá que as persoas con algún tipo de discapacidade poidan utilizar este servizo ao mesmo prezo que o autobús urbano colectivo, segundo manifestaron esta mañá o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o presidente de Cogami-Pontevedra, Ángel Holguera, tras a reunión que mantiveron no Concello xunto á concelleira de Benestar Social, María Méndez. Na súa intervención, Santi Domínguez salientou a importancia de contar con esta asociación pola súa "gran experiencia" na integración de persoas con discapacidade.
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou este mércores o parque e o mercado da Bouza, ubicado en Coia, para coñecer de primeira man o seu estado e as necesidades da veciñanza. Santi Domínguez realizou o percorrido acompañado por representantes do Movimento Cidadán Cristo da Victoria, colectivo que solicitou a visita recentemente e que lle expuxeron as súas demandas.
Esta maña a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, inauguraron a obra de reforma e ampliación da Escola de Educación Infantil Cristo da Victoria.
O alcalde, Abel Caballero, asistiu a unha xuntanza de traballo coa Conselleira de Política Territorial eo alcalde das grandes cidades de Galicia, para analizar o contido do anteproxecto de lei de Fomento do Transporte Público de Viaxeiros de Galicia, que está a elaborar a CPTOPT. Para o alcalde, esta ley ten especial incidencia para a area de Vigo, "este proxecto é importante porque trata de resolver o problema do transporte nos ámbitos metropolitanos". "En Vigo xa temos avanzado para facilitar o transporte interurbano, unha das primeiras medidas foi facilitar a Consellería o intercambiador na Praza de España"
No limiar do Casco Vello e ás portas da festa da Reconquista de Vigo, a Casa Galega da Cultura acolle dende mañá 13 de marzo e ata o vindeiro 6 de abril a exposición "Entre teas da Reconquista", integrada por pinturas do artista Xabier Lemos e traxes do obradoiro de Patricia González. A inauguración desta mostra, prevista ás 20 horas, enmárcase no conxunto de actos programados con motivo da festa Reconquista deste ano.