O Concello e COGAMI buscan localización para un novo centro de atención aos discapacitados en Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este martes a representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade e acordaron procurar unha localización para un centro de recursos para os discapacitados, que axunte todos os servizos de COGAMI. A día de hoxe, a Confederación ten atendido en Vigo máis de 3.100 persoas.
O Concello de Vigo e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) buscarán unha parcela na cidade para a ubicación dun novo centro de recursos para as persoas discapacitadas, que unifique nunha mesma edificación todos os servizos ofertados polo organismo.
O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, o Presidente do organismo na provincia de Pontevedra, Ángel Holguera, o coordinador da Confederación en Vigo, Celso Álvarez, e a Xerente do centro especial de emprego COGAKI, Isabel Fraga, mantiveron este martes un encontro co alcalde de Vigo, Abel Caballero, no que lle presentaron a actividade que desenvolve COGAMI en Galicia e acordaron a procura dunha localización en Vigo para un novo centro.
O alcalde de Vigo salientou tamén que o Concello estudará facilitar o traballo do colectivo, calificado de "prioritario" polo alcalde, pois as empresas nas que se empregan os discapacitados, promocionadas por COGAMI, non poden competir coas grandes multinacionais. Así, Abel Caballero avanzou a posibilidade de outorgarlles concesións directas ou negociar coas grandes superficies a inclusión na súa oferta dos produtos elaborados por estas empresas.
A Confederación xa ten atendido na cidade a máis de 3.100 persoas, e realiza nas súas sedes (en Vigo contan cunha na rúa Martínez Garrido) diversas actividades e oferta distintos servizos de xeito gratuito. COGAMI ofrece asesoramento e información en temas como a accesibilidade, as axudas e prestacións, a integración educativa, a lexislación e o ocio e tempo libre, entre outros.
Ademáis, o organismo asesora e xestiona sobre actividades formativas e laborais, dirixidos a mellorar a cualificación educativa, formativa e profesional para o acceso ao mercado de traballo dos discapacitados. Neste eido, COGAMI ten creado catro empresas de economía social, que proporcionan na actualidade case 170 empregos, un Servizo de Intermediación Laboral (o SIL, que cada ano axuda a contratación dunhas 1.400 persoas), unha plataforma de educación a distancia (Sistema DELFOS) e formou a distancia a unhas 350 persoas nos últimos tres anos.
Do mesmo xeito, COGAMI coordina, asesora e promociona o movemento asociativo, e xestiona empresas de integración social. Este servizo vai dirixido á integración laboral dos discapacitados a través de iniciativas empresariais participadas maioritariamente pola Confederación e outras asociacións de persoas con discapacidade.
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como finalidade a integración social dos discapacitados en Galicia.