Escoitar

Santi Domínguez visita o parque e o mercado da Bouza para coñecer as necesidades da veciñanza

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou este mércores o parque e o mercado da Bouza, ubicado en Coia, para coñecer de primeira man o seu estado e as necesidades da veciñanza. Santi Domínguez realizou o percorrido acompañado por representantes do Movimento Cidadán Cristo da Victoria, colectivo que solicitou a visita recentemente e que lle expuxeron as súas demandas.

mércores, 12 mar 2008
1205331881bouza.jpg
Na súa visita, o tenente de alcalde interesouse polos problemas da veciñanza da zona e asegurou que trataría de buscar a solución máis axeitada para cada unha das suxestións plantexadas. Deste xeito, Santi da cumprimento a un dos seus compromisos de goberno de achegarse aos barrios e as parroquias de Vigo para coñecer de primeira man os problemas e as necesidades da cidadanía.
Descargar todas as imaxes