Escoitar

Os autobuses de Vitrasa levan desde este xoves a obra de Laxeiro

A presentación do Museobús, iniciativa de Vitrasa e da Fundación Laxeiro, contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Xesús López. O obxectivo do proxecto é achegar a obra de Laxeiro aos cidadáns e visitantes de Vigo. Dous dos autobuses levarán rotulada a obra do pintor tamén no exterior dos mesmos.

xoves, 13 mar 2008
Dez autobuses urbanos convértense desde este xoves en museos en movemento. A decena de Vitrasas levarán no seu interior a obra de Laxeiro, por mor do seu centenario, e dous deles terán rotulado do mesmo modo o seu exterior. Este xoves tivo lugar a presentación do proxecto Museobús, que contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Xesús López, xunto con representantes de Vitrasa, a Fundación Laxeiro e a patrocinadora Clear Channel.

A iniciativa, a cargo de Vitrasa e da Fundación Laxeiro co patrocinio da compañía Clear Channel, pretende contribuir ao coñecemento da obra do pintor, tanto para os propios vigueses como para os turistas que se acheguen a coñecer a cidade. O proxecto encaixa dentro das actividades de conmemoración do centenario do nacemento de Laxeiro. Deste xeito procúrase que os cidadáns de Vigo, urbe que o artista adoptou como súa, coñezan a pe de rúa o seu legado.

Dende este xoves se pode disfrutar das obras de Laxeiro no autobús 140 da línea C2, e nun autobus da línea C3, que contan con rotulación exterior e interior. Nun prazo de 15 días estarán disponibles as imaxenes nos interiores do resto dos vehículos, que corresponden as liñas C1 (4 unidades), C2 (1 unidade), C3 (2 unidades), C4 (1 unidade), C5 (1 unidade) e C15 (1 unidade).