O Concello negociará en duas semanas a tarifa única para o transporte metropolitano
Tras o encontro mantido o pasado mércores coa conselleira de Política Territorial e os rexidores das grandes cidades galegas, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este xoves que "tras a Semana Santa" comezarán as negociacións coa Xunta de Galicia para acadar a "tarifa única" do transporte metropolitano, máis frecuencias e subvencións autonómicas.
O Concello de Vigo iniciará "tras a Semana Santa" as negociacións coa Xunta de Galicia para por en marcha o novo sistema de transporte metropolitano acordado entre as grandes cidades galegas e o organismo autonómico. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o obxectivo do goberno local é acadar subvencións para este tipo de transporte, xa que na actualidade Vigo non as recibe, antes da redación da lei.
O alcalde mostrou a súa satisfacción pola proposta ratificada pola Xunta de Galicia para o transporte metropolitano, que na cidade parará nas inmediacións do Hospital Cíes, na Praza de España, e indicou que o inicio das negociacións responde a aposta do Concello de acadar unha tarifa única para o transporte con máis frecuencias, ademáis da consecución das subvencións.
Abel Caballero calificou de "magnífica noticia" a proposta da Consellería de Política Territorial xa que beneficiará ás 600.000 persoas do área metropolitana de Vigo e tamén aos propios vigueses, xa que disminuirá o uso do vehículo privado, co conseguinte beneficio para os cidadáns.