Escoitar

Tenencia de Alcaldía instalará unha oficina na lonxa do Concello para tramitar as subvencións, que ascenden a 1.900.000 euros

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este venres que a Tenencia de Alcaldía instalará unha oficina na lonxa do Concello para asesorar ás persoas interesadas en solicitar as subvencións das áreas sociais, que para este ano ascenden a 1.900.000 euros. Santi Domínguez sinalou que deste xeito quérese ofrecer unha "atención personalizada a todas as persoas que queiran acceder as axudas durante todo o tempo que dure o proceso".

venres, 14 mar 2008
1205503955santi140308.JPG
"Estase a traballar no deseño da oficina que se instalará na lonxa do Concello", salientou o tenente de alcalde, quen explicou que estará integrada por tres ou catro persoas e que terá o cometido de atender as persoas interesadas en solicitar as axudas así como de asesoralas na presentación dos xustificantes correspondentes unha vez que teñas as subvencións concedidas. Para facilitar o acceso a esta oficina, que según as previsións comezará a funcionar a principios do mes de abril coincidindo coa publicación da convocatoria das axudas no Bop, dende Tenencia de Alcaldía habilitaráse un número de teléfono para solicitar a cita previa.

Santi Domínguez, ademais, adiantou que Tenencia de Alcaldía editará un libro no que se recollerá a convocatoria de todas as subvencións, así como os requisitos para solicitalas e os seus prazos correspondentes. Neste sentido indicou que esta iniciativa xogará un papel fundamental porque será remititdo ás asociacións de veciños, as asociacións culturais e deportivas e a todos os colectivos interesados "para que ninguén se quede sen coñecer as axudas ás que pode optar". Esta convocatoria, que foi aprobada onte en Xunta de Goberno local extraordinaria e que conta cun orzamento de 1.900.000 euros, sairá próximamente publicada no Boletín Oficial da Provincia (Bop).

Santi Domínguez, no desglose das respectivas cantidades por áres sinalou que nos 1.900.000 euros inclúense tamén as axudas de emerxencia de Benestar Social. De este modo, dos 1.161.000 euros restantes, Deportes contará cun total de 690.000 euros, dos que 560.000 se destinarán as subvencións ás entidades deportivas co obxecto de fomentar o deporte e a práctica deportiva, e nelas se inclúe a participación en actividades deportivas así como a súa organización durante a temporada 2007-2008; para fomentar a organización de eventos e actividades deportivas durante o exercicio 2008 destinaranse, pola súa banda, 130.000 euros.

Patrimonio Histórico, para a mellora da imaxe exterior de locais comerciais e as obras de rehabilitación e tratamento de fachadas, paredes medianeiras, cubertas e elementos singulares dos inmobles de interese histórico, arquitectónico ou paisaxístico situados no ámbito de actuación contará com 150.000. Benestar Social, pola súa banda, disporá de 115.000 euros para financiar as asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro, para a realización de programas no ámbito das persoas maiores e de actuacións de promoción de servizos sociais mediante o desenvolvemento de actividades de carácter preventivo, asistencial e rehabilitador.

Para desenvolver programas e actividades de ámbito sociocultural, Animación Sociocultural disporá de 110.000 euros. Igualdade, co obxectivo de fomentar e consolidar o asociacionismo feminino, contribuír á promoción da muller en todos os ámbitos da vida pública e privada, así como na prevención e combate da violencia de xénero contará con 78.000 euros. Mentres que para a realización de programas e proxectos xuvenís de interese xeral, Xuventude disporá de 12.000 euros e Normalización Lingüística, para o fomento e a dinamización da lingua galega terá 6.000 euros.
"A Administración ten que achegarse á cidadanía e volcarse no incremento da súa calidade de vida e esta iniciativa responde a nosa filosofía de traballar dende a cercanía e a transparencia", salientou o tenente de alcalde.
Descargar todas as imaxes