Escoitar

O Rotary Club Internacional prepara a asemblea que realizará en Vigo

Rafael Legeren, presidente do Rotary Club de Vigo, e Alejandro Amoedo, delegado do gobernador para Galicia, en calidade de representantes de Rotary Club Internacional no Noroeste peninsular, solicitáronlle este mércores ao alcalde un encontro oficial co seu gobernador para explicarlle polo miúdo a futura asamblea da entidade, que terá lugar en Vigo. No encontro formularanlle oficialmente unha invitación á cea de clausura da asamblea.

mércores, 26 mar 2008
1206539033unicef260308.jpg
Rotary é unha asociación internacional de líderes empresariais e profesionais que proporcionan servizo humanitario, promoven a posta en práctica de elevadas normas de ética en toda ocupación e contribúen ao desenvolvemento da boa vontade e a paz no mundo. Existen máis de 30.000 clubes rotarios cun total de un millón douscentos mil socios en preto de 160 países.
Descargar todas as imaxes