Escoitar

Sesión solemne de ingreso na Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

As instalacións de Vigo-zoo albergaron onte martes unha sesión solemne da Academia de Ciencias Veterinarias na que tomaron posesión como académicos Victor Gonzalez Herreo e Mauricio Alonso Troncoso.

mércores, 26 mar 2008
1206538262academiaveterianarios.jpg
A sesión foi presidida por José Luís Benedito Castellote, presidente de dita Academia e contou coa asistencia da presidenta do Organismo Autónomo Parque das Ciencias Vigo-zoo, Chus Lago Rey.

Nesta sesión realizáronse dúas tomas de posesión, por un lado, a toma de posesión como Académico de Honra de Victor González Herrero , antigo veterinario do parque e por outro, a toma de posesión como Académico de Mauricio Alonso Troncoso que defendeu o traballo "Orixe e Evolución do Can. As razas caninas Autóctonas de Galicia, orixe, situación e actuacións oficiais desenvolvidas" contestado académico de número, Antonio Crespo Iglesias.

Asistiron un total de oitenta académicos, familiares e amigos que participaron nos actos de ingreso e presentación do traballo.
Descargar todas as imaxes