O Goberno local regula o tempo de intervención dos grupos políticos nos plenos
Os grupos políticos da Corporación Municipal terán a partir do próximo luns un tempo estipulado para as súas intervencións nos plenos. A duración da última sesión ordinaria, que se alongou ata case nove horas, impulsou a conveniencia de ordenar os debates plenarios, unha proposta acordada este mércores pola Xunta de Voceiros.
No caso das mocións, os grupos contarán con 10 minutos para a súa primeira intervención, cinco minutos para a réplica e tres máis para o peche. Esta regulación será tratada "con flexibilidade", segundo afirmou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, pero coa finalidade última de evitar a "eternización" dos debates e a reiteración dos argumentos.
A este respecto, a Xunta tamén acordou que as mocións traten únicamente do tema en cuestión, dentro do axeitado desenvolvemento do debate político. Unha petición efectuada pola edil popular Lucía Molares no último Pleno ordinario, e que como tal foi cursada na Xunta de Voceiros.
Abel Caballero afirmou que terá "especial flexibilidade" coa oposición na aplicación da regulación, e mesmo está aberta a posibilidade, a petición do defensor da moción correspondente, de non aplicar a regulación nos temas trascendentes. O obxectivo deste "sistema de regulación flexible e razoable", en verbas do alcalde, é garantir a "eficacia" dos debates plenarios.