O Concello prepara unha planificación por distritos para achegar os servizos educativos á población
A iniciativa da Concellería que dirixe Laura López Atrio procura acadar unha "educación transversal", coa colaboración dos restantes departamentos municipais. O obxectivo pasa por crear "espazos educativos en cada distrito".
A Concellería de Educación do Concello de Vigo está a preparar unha planificación por distritos que ten por obxectivo achegar os servizos educativos a todos os vigueses e prevé a mellora dos centros educativos actuais. O proxecto de "educación transversal" avanzado este martes pola concelleira de Educación, Laura López, require da colaboración doutros departamentos, especialmente de Urbanismo. A edil salienta que a principal dificultade radica en atopar solo onde desenvolver os espazos, xa que na actualidade o Concello conta coa capacidade económica, técnica e humana suficiente para poñelo en funcionamento.
A concelleira presentou este martes algunhas das actuacións que está a desenvolver o Concello en materia de educación. A finalidade principal da Concellería é facer de Vigo unha "cidade educadora", para o que pretende achegar os servizos educativos a todas as zonas de Vigo e mellorar os centros adiantándose ás necesidades dos mesmos. Así, o Concello está a facer durante o 2008 revisións en cada centro municipal da cidade e mantén cada semana reunións con pais e profesores dos mesmos para atender as súas demandas.
Descargar todas as imaxes