O Pleno concede a Medalla da Cidade aos estaleiros Hijos de Barreras
A Medalla da Cidade Reconquista 2008 será para Astilleros Hijos de J. Barreras. Así o acordou este luns por unanimidade o Pleno da Corporación Municipal, que tamén nomeou Vigueses Distinguidos deste ano a Confraría do Cristo da Vitoria, a Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo, a Asociación de Antigos Alumnos de Don Bosco "María Auxiliadora", a xogadora de baloncesto en cadeira de rodas Mª Victoria Alonso Vilariño, o xornal A Nosa Terra, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo. A entrega destes galardóns e a imposición da Medalla da Cidade terán lugar no Centro Cultural Caixanova este xoves a partir das 20.00 horas.
Segundo acordou o Pleno, a Medalla da Cidade concédeselle a Hijos de Barreras "en consideranción á súa longa traxectoria empresarial a prol da vida industrial e laboral de Vigo", así como pola "continuidade ininterrompida das súas actividades".
O asteleiro Hijos de J. Barreras, S.A. foi fundado en 1892 e dende entón dedícase á construción de buques e á realización de grandes conversións. Os grupos políticos municipais recoñecen o "labor industrial acorde co cambio dos tempos, as tecnoloxías e os novos métodos de navegación" desenvolvido por esta empresa durante a súa historia. Coa Medalla da Cidade, o Pleno tamén premia o recoñecemento internacional de Barreras como "unha das industrias punteiras" nun sector tan competitivo como o seu.
Ademais, a concesión da Medalla da Cidade a esta industria débese ao seu papel como "fonte de postos de traballo que repercutiu de forma importantísima no mundo laboral de Vigo". A vocación da empresa pola calidade, o riguroso control de todos os seus procesos constructivos e as tecnoloxías de última xeración son outras das razóns que motivan a entrega do galardón por parte do Concello.
Vigueses Distinguidos
O nomeamento dos Vigueses Distinguidos por parte do Pleno recolle as propostas realizadas por cada un dos tres grupos políticos municipais. Son as seguintes:
POLO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR
Confraría Cristo da Vitoria
Esta institución perpetuadora da principal cerimonia relixiosa de Vigo, a procesión do Cristo, estruturouse polo seu regulamento aprobado o 14 de marzo de 1933, cumprindo polo tanto 75 anos como herdeira da Irmandade do Cristo e das anteriores confrarías que deron continuidade a unha devoción secular.
Esta cofradía organiza e promove a devandita procesión, unha das de maior participación de fieis de toda España, mantendo a súa estructura dende hai máis de un século. Na actualidade integra a mil confrades que representan no Vigo actual unha devoción que se remonta ao século XVIII.
Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo
Fundada grazas á tenacidade de D. Camilo Veiga, e recollendo a tradición musical de Vigo, dende 1958 propiciou o establecemento de tempadas de ópera, se ben non só se dedicou a esta cita musical, senón tamén ofreceu á cidade a posibilidade de contar con figuras de primeira liña como directores técnicos e naturalmente artistas líricos como Alfredo Kraus. Actualmente continúa nesta liña, traballando arduamente para a consecución de espectáculos de calidade, cumprindo así medio século dunha especial dedicación.
POLO GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL DO BNG
Asociación De Antiguos Alumnos de Don Bosco «María Auxiliadora»
A asociación de antigos alumnos do colexio dos Salesianos, un centro educativo fundado en 1888 polo que pasaron decenas de miles de vigueses, acolle uns 350 socios unidos polo mantemento dun vínculo e a crenza nuns valores, herdanza dunha educación nunha das entidades docentes máis antigas da cidade, transmitindo deste xeito estes valores ás novas xeracións, sen discriminación de ningún tipo, nin pola súa condición económica nin social.
As finalidades da asociación son conservar, profundizar e levar á práctica os principios educativos salesianos recibidos. En especial proponse a defensa e a promoción dos valores da persoa e da vida. A elevación cultural, social, moral e relixiosa, conforme á educación recibida, especialmente dos mozos mozas con dificultades, é outro dos obxectivos desta entidade, así como favorecer a participación dos ex alumnos/as novos/as en actividades de voluntariado salesiano, aínda con perspectivas de compromiso misioneiro.
Mª Victoria Alonso Vilariño
Deportista de elite na modalidade de baloncento en cadeira de rodas. Nada en Vigo en 1982, ten unha longa traxectoria pese á súa xuventude, acadando importantes postos nas tempadas dende 2001 ata hoxe. Chegou a conseguir o subcampionato da Copa Europea, a Copa Galicia en máis dunha ocasión e o Campionato de Primeira División e Ascenso á División de Honor dentro do Club Deportivo AMFIV-Vigo.
Xornal 'A Nosa Terra'
Fundado en 1916, foi órgano de expresión das Irmandades da Fala, aínda que cunha perioricidade moi variable. Pasou a publicarse decenalmente a partir de 1933, contando con directores como Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesias Alvariño ou Ramón Suárez Picallo. Foi unha iniciativa de comunicación importante destacada pola Secretaría Xeral da Comunicación da Xunta de Galicia, nos Premios Galicia Comunicación 2007.
O xornal ‘A Nosa Terra’ celebrou o ano pasado os 100 anos de vida e os 30 desde a súa reaparición en Galicia, logo de que a ditadura franquista obrigase a esta publicación a exiliarse en Bos Aires. O Goberno galego acordou concederlle a Medalla Castelao no ano 2007. Cunha nova presentación asume de novo e con renovados contidos a información que ao longo da súa historia destacou polo seu compromiso na defensa do idioma e da cultura galega, atraendo a este proxecto destacadas voces do xornalismo e a literatura galegas e promovendo a galeguidade por medio da lectura en lingua galega.
POLO GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE
Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (Coitivigo)
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo é unha Corporación de Dereito Público, que ordena no seu ámbito territorial as profesións de perito industrial e de enxeñeiro. Foi constituido no ano 1958, co nome de Colexio de Peritos Industriais de Vigo, ao abeiro da Orde do Ministerio de Industria do 16 de outubro de 1957. O 2 de abril de 2008 cúmprese o 50 aniversario da súa constitución.
Mediante a súa histórica vinculación coa Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo (Medalla de Ouro da Cidade no ano 2001) colabora na orientación e formación profesional dos seus alumnos. Concede distintivos honoríficos para premiar e distinguir a aquelas empresas do ámbito territorial do Colexio nas que enxeñeiros técnicos industriais ou peritos industriais desenvolven a súa profesión e que se fagan merecedoras desta distinción pola súa contribución ao progreso e ao benestar da nosa comunidade.
Coitivigo goza dun prestixio indubidable na nosa cidade, desenvolvendo un extenso labor nos distintos ámbitos, tanto tecnolóxicos como empresariais, económicos e sociais, sendo a súa achega clave para que Vigo acadase o seu nivel de desenvolvemento e liderado actual, así como o seu espírito competitivo e emprendedor, ao promover e incentivar moitas institucións da cidade.
Asociación de Corais Polifónicas de Vigo-ACOPOVI
A Asociación de Corais Polifónicas de Vigo "ACOPOVI" constitúese en 2005 para fortalecer, difundir, mostrar e apoiar cada unha das agrupacións polifónicas existentes en Vigo, recollendo así o traballo das máis de 30 agrupacións corais que, en Vigo, continúan cunha tradición que se perde no tempo.
Esta asociación exerce a súa actividade no ámbito territorial do Concello de Vigo e pretende que a música coral que se fai na cidade teña o espazo e lugar que merece. Entre as súas actividades cóntanse a organización de festivais de Habaneras, o ciclo de concertos de Nadal e festivais de corais de Semana Santa, mostrando nestas actividades o maior esforzo e dedicación para divulgar esta parte da nosa cultura.
Descargar todas as imaxes