Medalla da Cidade e Vigueses Distinguidos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, outorgaralle a Medalla da Cidade aos estaleiros Hijos de J. Barreras no transcurso do acto de conmemoración da Reconquista da cidade que terá lugar o día 21 de marzo no Centro Cultural Caixanova. Na cerimonia o alcalde tamén entregará os galardóns ás viguesas e vigueses distinguidos correspondentes ao ano 2008. Os persoeiros e colectivos que recibirán a distinción son a Confraría do Cristo da Vitoria, a Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo, a Asociación de Antigos Alumnos de Don Bosco "María Auxiliadora", a xogadora de baloncesto en cadeira de rodas Mª Victoria Alonso Vilariño, o xornal A Nosa Terra, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo.